3 de enero de 2010

Cabalgata Reis Vilagarcía de Arousa 2010

Seis carrozas, tres bandas de música, grupos de animación, de bombos e folclóricos conforman o groso do espectáculo que comezará ás 7 da tarde, con saída dende o auditorio. Por mor das obras de peonalización de Rey Daviña, o percorrido sofre algúns cambios respecto do tradicional: Avenida da Mariña, Cavadelo, Conde de Vallellano, Arcebispo Lago, Alejandro Cerecedo, Castelao, Covadonga, Praza de España, Edelmiro Trillo, Praza da Independencia, Arapiles e Praza de Ravella.

Unha vez diante da Casa do Concello, os Reis serán recibidos cun espectáculo pirotécnico e pola alcaldesa, Dolores García. Despois de deixar os seus regalos ao Neno, os Reis de dirixirán aos presentes e, logo, recibiran a nenos e maiores no Salón Nobre. Para facilitar o acceso, a entrada farase pola porta da Policía Local e a saída, pola porta principal da Casa Consistorial.

CHEGADA AO PORTO
Como vén sendo habitual, antes de que comece a cabalgata (19:00 horas), os Reis protagonizarán outro acto tamén pensado para os máis pequenos: a súa chegada ao porto (peirao de pasaxeiros), arredor das cinco da tarde. Ao día seguinte, as Súas Maxestades visitarán o asilo, o convento de Vistalegre e todas as parroquias do Concello.

0 comentarios:

Entradas populares