29 de noviembre de 2009

CONCERTO DE ANO NOVO Lugo 2010

CONCERTO DE ANO NOVO Lugo 2010

Orquesta Sinfónica de Bucarest
Día 3/1/2010
Ás 20.30 horas
Círculo das Artes

Programa: Valses e Polcas da familia Strauss.
Director Musical: Cristian Florea
Tenor: Amadeo Monterde
Soprano: Svetlana Bassova

A súa actividade impúxose na vida artística de Romanía pola diversidade de concertos -coral, sinfónico-vocal, sinfónico, de cámara- que chega a ofrecer. Os músicos pertencentes a esta asociación agrupáronse baixo diferentes formacións e foron gañando presenza na vida musical de Bucarest. Tamén participan nos concertos populares Proms of Deligth co nome de Bucarest Symphonic Pops.

As súas tempadas musicais, con concertos sinfónicos regulares, son programadas tamén con especial intención educativa. Céntranse basicamente na atención nas mellores composicións do clasicismo e o romanticismo, aínda que tamén se interpretan obras dos períodos precedentes e posteriores, como o barroco e o período moderno, incluíndo o contemporáneo.

Os músicos conseguiron pola súa profesionalidade e a súa brillantez na actuación un merecido recoñecemento e prestixio. Participaron, entre outros, en festivais e ciclos como The internacional week of the new music (Bucarest), o Festival de Música Romanesa de Iasi, o Festival Internacional BEMUS (Belgrado), Festival de Atenas (Grecia), etc.

0 comentarios:

Entradas populares