3 de febrero de 2010

Entroido 2010 Verín

Del 4 al 21 de febreriro de 2010

XOVES DE COMPADRES (4 FEBREIRO DE 2010)
Tras a primeira saída dos cigarróns no día de San Antón, arrinca o Entroido 2010 co Xoves de Compadres. Despois de cear nos restaurantes da vila e a partir da media noite, os verinenses percorrerán as rúas Montemaior, avenida de Portugal, Irmáns Moreno, Deputación, Luis Espada, Lisa e praza García Barbón, onde se celebrará o xuízo e queima do Maragato.Durante esta viaxe, os compadres irán acompañados do Carro do Meco e da música da charanga Támega e da Banda de Gaitas do Concello de Verín, para acabar a festa na praza bailando coa Disco-Móvil Jorge.

DOMINGO DE CORREDOIRO (7 DE FEBREIRO DE 2010)
Descarga de bombas de palenque e concentración de cigarróns na praza do Concello a partir das 11:30 horas. Con posterioridade, saúdo aos fregueses á saída das igrexas Parroquial e RR.PP. Mercedarios, baixo o son atronador das súas chocas e o castigo dos látigos.

Na praza García Barbón, Disco-Móvil Jorge será o encargado da música, e partir das 14 horas terá lugar un xantar popular na praza da Alameda. Xa pola tarde, de 18 a 22 horas, baile popular na praza García Barbón a cargo das charangas Támega e Troulada e o grupo Aramio.

XOVES DE COMADRES (11 DE FEBREIRO DE 2010)
A partir das 11:30 horas, Gran Desfile Infantil de Entroido, no que os máis pequenos do CEIP Princesa de España, CEIP Amaro Refojo, Colexio María Inmaculada, Escolas Unitarias do Val de Monterrei, CEIP Castrelo do Val, Gardería Pinocho, Preescolar na casa, CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós e CEIP As Vendas da Barreira tomarán as rúas de Verín. Ademais, este ano e dentro do programa Eurocidade Chaves-Verín, participarán escolas de Chaves. O desfile, amenizado polas charangas Támega, Troulada, Madialeva, Sinolá, Garrafón.com e Cuatro Gatos, partirá do entrocamento da Canella Cega coa estrada de Cabreiroá. Tras percorrer as rúas Deputación, Luis Espada e Lisa, porase punto e seguido ao Xoves de Comadres na Praza García Barbón.

Pola noite, sairán as comadres e encherán todos os restaurantes de Verín, coa animación das charangas Támega, Troulada, Madialeva, Garrafón.com, Penas Ceibes e Cuatro Gatos. Ás 00:00 horas, no Barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido recibirá a comitiva de Don Carnal, procedente do Camiño Real. Mareas e mareas de mulleres, e outros tantos homes disfrazados de damas, percorrerán desde San Lázaro até a praza García Barbón, polas rúas San Lázaro, Luis Espada e Maior, onde o locutor de Cadena 100, Vidal López, caldeará o ambiente.

Despois do saúdo da Raíña e Don Carnal, arrincará a lectura do pregón a cargo do escritor verinense Xosé Carlos Caneiro e a actuación das Cantareiras de Ardebullo -humoristas da CRTVG-. Luces, son e risas recordaranlle aos presentes que o Entroido 2010 chega con paso firme. Un ano máis, ¡VIVA O ENTROIDO! ¡VIVA VERÍN!

A orquestra Passarela porá o broche á noite máis "feminina" do Entroido verinense.

VENRES DE COMPADREO e COMADREO (12 DE FEBREIRO DE 2010)
Como todos os anos, o Capuchón e a Mascarita serán os uniformes oficiais que portarán os asistentes á festa. Ás 18 horas terá lugar a saída dos Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas para percorrer diversas rúas e prazas da vila, con paradas estratéxicas para mollar a gorxa e encher o bandullo. Irán acompañadas en todo momento do Carro do Compadreo e das charangas Támega, Santiaguiño e N.B.A; para no fin, rematar na Praza de Edesio Fuentes cunha sesión de "tapeo" e queimada para os participantes. Pola noite, verbena popular na Praza García Barbón co orquestra Ritmo Joven.

SÁBADO DE ENTROIDO (13 DE FEBREIRO DE 2010)
Desde as 10 horas, descarga de foguetes e alboradas coas charangas Támega, Xente Nova e Madialeva. A partir das 17 horas, na Praza do Cigarrón, terá lugar un acto solemne no que novos cigarróns serán vestidos, con todas as honras, acompañados da Raína do Entroido e Don Carnal. Animación a cargo de Disco-Móvil Jorge

As charangas Támega, Xente Nova, Troulada e Madialeva encargaranse porán a banda sonora por todas as rúas da vila en sesión de tarde e noite, que culminará coa actuación das orquestras Los Trovadores e América en Concerto.

DOMINGO DE ENTROIDO (14 DE FEBREIRO DE 2010)
Día grande do Entroido. A mañá arrinca cunha descarga de foguetes que despertará a todos os entroideiros, seguido da concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns ás 12 horas no Barrio de San Roque para o gran desfile, que como todos os anos, comezará a partir das 12:30 horas. As charangas Mekanika, Xente Nova, Madialeva, Troulada, DDT e a Banda de Gaitas do Concello de Verín serán as encargadas de acompañar o desfile, percorrendo as rúas Luis Espada, Alameda e as prazas da Alameda e García Barbón.

Na sesión vespertina e nocturna, continuará a animación musical polas rúas da vila coas charangas anteriores e, na Praza García Barbón, as orquestras Solara e Los Españoles calmarán as nosas ansias de baile.

AMIGOS E AMIGAS QUE A FESTA NON PARE!

Luns de Entroido - LUNS FARELEIRO (15 DE FEBREIRO DE 2010)
Unha descarga de foguetes recordará aos sobreviventes que o Entroido aínda non acabou e que regresa a música ás rúas coas charangas Terras Novas de Trives e Madialeva.

A partir das 16.30 horas, xogos infantís e inchábeis no Pavillón dos Deportes, onde os máis pequenos serán os auténticos protagonistas. Esixencia: ir disfrazados. Seguindo a tradición, DÍA DA FARELADA, animada polas charangas Terras Novas de Trives, Támega e Madialeva. A partir das 19 horas, merenda con degustación de empanadas e viño, baile e verbena popular na praza García Barbón, coas orquestra Compostela e o grupo Alcotan.

MARTES DO ENTROIDO (12 DE FEBREIRO DE 2010)
Bombas de palenque e pasarrúas matinais coas charangas DDT e Madialeva.

Ás 16 horas, como sempre, concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns no Barrio de San Roque, para ás 16:30 horas, dar comezo ao Gran Desfile, que realizará o mesmo percorrido que o domingo. Todo iso amenizado polas charangas Mekanika, Troulada, Madialeva, DDT e Támega, xunto coa xente da Escola de Música Tradicional do Concello de Verín.

A festa continuará, a modo de despedida, ata que o corpo aguante, na praza García Barbón coa actuación das orquestras Trébol e América S.L.

DÍA DE PIÑATA (DOMINGO 21 DE FEBREIRO DE 2010)
Almorzo de Piñata para os participantes en comparsas e carrozas. Baile popular na Praza García Barbón a partir das 17:30 horas coa orquestra Luz de Luna, que porá o broche final a este Entroido 2010.

0 comentarios:

Entradas populares